We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Contas pendentes

from Pan e circo by Roberto Sobrado grupo

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €0.50 EUR  or more

     

about

Roberto Sobrado e Banda Pan e circo

1 (Pista interactiva: fai dobre clic en iniciar)
2 Contas pendentes
3 Canción Comunista
4 Os patios traseiros
5 Pan e circo
6 Haima de esperanza e combate
7 Panorama laboral
8 A xeito de bossa
9 Despertar En París (baseada na curtametraxe do mesmo título)
10 Chistes privados (revisited)
11 Saudade
12 Marea Negra*


Letra e música de todos os temas: Roberto F. Sobrado, excepto 11 (Letra: Nanín)
Arranxos: Roberto Sobrado e Banda
Unha producción de Roberto Sobrado e Banda e Óscar Fernández. Gravado e mesturado en Mafia Records (O Carballiño) por Óscar Fernández (Chichi) entre novembro de 2002 e marzo de 2003.
*Gravado e mesturado nos estudios Fábrica de luz (Compostela) por César Morais en decembro de 2002.

Roberto Sobrado e banda son:

Roberto F. Sobrado (voz e guitarra clásica)
Xabier Seijo (guitarra eléctrica e acústica)
Pablo Laranjo (baixo eléctrico)
Luis Vivas (batería)
Alexandre Fernández S. (percusión e harmónica)

Roberto Sobrado e Banda tamén foron neste disco: Uxía Pedreira (voces en 2), Rubén Rodríguez (voces en 3, 4 e 13 e guitarra acústica en 3), Diego Mosquera (Gibson Les Paul En 5, 7 e 8), Belén Fariña (voces en 4 e 11), Pepe Fraiz (violín en 13), Elvis Ferrera (Percusión en 12) Alexandre Fernández (deseño da portada), Pol Fernández (pista interactiva e páxina web), Andrés Fernández (maquetación), María Fariña e Nadia Santiago (fotos).

Este traballo está adicado a toda a xente que cre en nós e na nosa música e que fai posible que este proxecto siga adiante. Moitas gracias:

Roberto: ás familias Fernández, Sobrado e Seijo Cajaraville, a Jimmy, Belén, Benito, Inés, Maricarme e Tomás polo apoio loxístico, @s compañeir@s de batalla: María, A. Benito, Javier Bravo, Xabier Seijo, Rubén, Banga, Liliana, David, Juan, Toño, Piteira, Campos, Fernando, Olgha, Antón, Ana, Xosé, Ana María, M. Fariña, Laura, Lucía, Alex, Mónica, Proupín, Andrés e Under.
Xabier: a todos os anteriores e ademais: á miña familia (por todo), a José (María, gracias tamén), a Chantal (un bico), a Jose (outro), a Tomás (quérote, tolo), a Susana (e compañía), ás edafólogas (e demais), a Xan (por perder a chupa), á mesa do fondo (¡que momentos!), a todos os que esquezo e sobre todo, á calor do deserto sahariano.
Pablo: a toda a xentiña que ten que aturarme: a Flo-Flo pola súa paciencia, a Gordi pola súa... ehh?, a meu irmán por nacer antes ca min e a todos os que, sen sabelo, alimentan o meu tocar.
Alexandre: a quen me surtiu de “cachivaches” e logo me aturou cando os facía soar, a ese cubano de adopción “Bolitas” por me dicir, “mira, isto tócase así”.
Luis: a Roberto Sobrado e á "banda" por aceptarme e deixar que lles dea un pouco do meu "groove" ás súas cancións, a Tomás e Chichi por deixarme os seus "corotos" sempre que o precisei, á miña familia, muller e amigos, polo seu apoio, en especial ó Jimmy por iniciármonos xuntos neste “rollo” da música.


Contratación e consultas: 630 224 846
e-mail: robertosobrado@hotmail.com

lyrics

Contas pendentes (Roberto Sobrado)

Non quixera repetirme
nin falar outras palabras, la9 do#m/sol# re9 mi7
non me vou poñer mais triste
por faltarme o que me falta.

Non maldigo ós carteiros
cando falta a túa carta,
pero vomito a túa ausencia
en todas a as miñas palabras.

O mar que nos uniu onte xogaba cun ás na manga.
Agora falan dous idiomas, as ondas das nosas praias,
agora podrece a froita doce que nos abrasaba,
murchou a risa que plantaches ti re9 mi7 la9 fa#m7
ó pe da miña almofada re9 mi7 re9 mi7

A espera faise eterna,
"inverna" a nosa calor.
O progreso non abarca
esta desesperación.

Podo dicir que te estraño
porque añoro a túa calor,
pero hoxe xa non che debo
esta canción de amor.

O mar que nos uniu onte xogaba cun ás na manga.
Agora falan dous idiomas, as ondas das nosas praias,
agora podrece a froita doce que nos abrasaba,
murchou a risa que plantaches ti
ó pe da miña almofada


O mar que nos uniu onte xogaba cun ás na manga.
Agora falan dous idiomas, as ondas das nosas praias,
agora podrece a froita doce que nos abrasaba,
murchou a risa que plantaches ti
ó pe da miña almofada. Compostela 10-11-1999

credits

from Pan e circo, released July 24, 2017

license

tags

about

Roberto Sobrado grupo Santiago De Compostela, Spain

contact / help

Contact Roberto Sobrado grupo

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Roberto Sobrado grupo, you may also like: